Programa con mBlock un control de movemento manual do robot mBot usando as teclas de frecha do teclado do ordenador. Para eso deberás conectar o robot por medio da conexión inalámbrica 2.4G proporcionada polo "lapis" USB propio do teu robot.
(NOTA: Cada "lapis" USB so pode conectar co seu robot, non son intercambiables)Unha vez comprobada a conexión, programa o seguinte:
1ª PARTE: (Pedir sello de comprobación)
1. Ó pulsar a bandeira verde, inicializa a velocidade do robot a cero.
2. Programa mBlock para que responda ás seguintes teclas mentres están presionadas:
Barra espaciadora --> Deter o robot.
Frecha arriba --> Avanzar a velocidade 100
Frecha Dereita --> Avanzar xirando á dereita (mantendo a velocidade anterior)
Frecha Esquerda --> Avanzar xirando á esquerda (mantendo a velocidade anterior)
Frecha abaixo --> Retroceder a velocidade 100
Tecla "d" --> Xiro a dereitas a velocidade 100 sen avanzar.
Tecla "e" --> Xiro a esquerdas a velocidade 100 sen avanzar.
2ª PARTE: (Pedir sello de comprobación)
1. Crea unha variable chamada Velocidade_M1 e outra Velocidade_M2 para asignar as velocidades do motor esquerdo e dereito do robot.
2. O programa inicializará ó pulsar a bandeira verde coas variables de velocidade a cero, e cun bucle "por sempre" que fará xirar os motores segundo o valor destas variables.
3. Programa as teclas de función seguintes para que respondan do xeito indicado:
Barra espaciadora --> Detén o robot inmediatamente.
Frecha arriba --> Aumenta a velocidade en incrementos de 32 ata unha velocidade máxima de 255.
Frecha abaixo -->Reduce a velocidade en incrementos de 32 ata unha velocidade máxima (marcha atrás) de 255.
Frecha Dereita / Frecha Esquerda --> Aumenta a velocidade dunha roda en 16 e reduce a velocidade da outra tamén en 16, para incrementar o xiro á dereita ou á esquerda.
3ª PARTE: (Pedir sello de comprobación)
1. Cando o robot se mova marcha atrás deberanse acender e apagar a intervalos de 0.5 segundos os dous LEDs RGB do robot en cor vermella, modificando o código anterior.
Ningún comentario:
Publicar un comentario