SEMÁFORO COCHES / SEMÁFORO PEATÓNS
Simula, usando o led esquerdo e dereito de mBot o funcionamento dos semáforos para coches e peatóns dun paso de cebra.
1ª PARTE (Pedir sello de comprobación)
1.- Inicializa o programa poñendo o LED esquerdo (COCHES) en verde, e o LED dereito (PEATÓNS) en vermello.
2.- Unha vez pulsado o Botón de mBot, iniciarase a seguinte secuencia:
Semáforo de coches: pasa de verde a ambar, espera 1s, pasa a vermello,
Semáforo de peatóns: espera un segundo, pasa de vermello a verde, espera 6s (tempo para cruzar os peatóns)
Engade outros 4s co led verde facendo 4 intermitencias antes de cambiar a vermello de novo.
3.- Despois de dous segundos de seguridade, o semáforo dos coches volverá de novo a verde.
4.- O programa volverá a esperar a que o botón sexa pulsado para repetir de novo a secuencia anterior.
2ªPARTE (Pedir sello de comprobación)
5.- Inclúe un pitido intermitente correspondente coa nota A3 durante os 6 primeiros segundos (un pitido cada segundo aprox.), e durante os 4 segundos restantes dobra o ritmo dos pitidos (dous cada segundo aprox.)
3ª PARTE (Pedir sello de comprobación)
6.- Crear unha variable ContaAtras que mostrará ós peatóns o tempo (en segundos aprox) que queda para poder cruzar a rúa co semáforo en verde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario